Pero claro, agora que xa ten as cachas ben asentadiñas no sillón, podemos comezar unha nova época, para non defraudar a eses xa centos de visitantes habituais deste saco de verdades.
Chegou Castiñeira, e antes incluso de aprender a subir as escaleiras para chegar ó seu despacho, xa pideu dedicacións para os seus concellais. Supoñemos que eso confirma o que decía na súa campaña.... que o Concello estaba arruinado, que non había mais que débedas... Como decía Manquiña... "En mi casa no había para comer, pero yo las putas siempre las pagaba porque soy un caballero".
A Castiñeira déronlle dúas opcións para deixar ben claro de que partido é este novo alcalde. A primeira opción era tatuarse na frente o logo do PP. A segunda, era meter a zoca nada máis chegar, pedindo dedicacións, facendo mostra dos seus "plans de austeridade". Quedounos suficientemente claro que o noso alcalde optou pola opción mais descarada.
Pero claro, Castiñeira é a ambición pura, non se conforma con calquer cousa. Javier Jorge quere un Foz de élite, con turismo de Jet Set, asique como segunda medida...
¡¡NOS CAMPOS DA RAPADOIRA A PARTIR DE AGORA NON PISA NIN DIOS!!
Acabáronse as merendas, acabouse tomar o Sol no campo, acabouse pasear pola herba!!! E pobre do que non faiga caso, porque logo se plantan alí os Municipales, encabezados polo señor Prepotencia Prieto, ó cal non lle costa nadita volver chamar reforzos para joder al prójimo, como fixo non fai moito no Bispo Santo.
Manda carallo. Temos un alcalde que parece que non é de Foz, porque penso que non hai unha sola persona en todo Foz que non fora comer un domingo coa familia á praia.
Coño, Casti... sale da casa, que desde Samil a Sanxenxo, a xente fai merendas ó redor da praia!!!
Eu non sei, pero en vez de progresar, contigo penso que Foz vai trando hacia o "carolo". Pero claro, que se lle vai facer, se temos de alcalde a unha persoa que nunca foi comer en verán á praia da Rapadoira....
Ainda que non todo son malas decisións. Castiñeira pedirá dedicacións, e incluso pode que chegue a escorrentar a patadas ós que se lles ocurra poñer un pelo na herba da Rapadoira pero...
¡¡¡ANTE LA CRISIS, SI NO TIENES YATE, AQUÍ ESTÁ CASTI PARA AYUDARTE!!!
Este sería o slogan perfecto para a construcción do Megaporto. Explícome:
pensando, o alcalde chegou á conclusión:
-Coño!! Pois se os meus veciños non se poden permitir ir comer de restaurante, e teñen que ir okupar o campo da Rapadoira... Malamente van poder comprar un yate para disfrutar das instalacións do Megaporto
que lles tiña pensado facer.
Non hai problema ningún!!! Vou anunciar inmediatamente que o proxecto é a longo prazo, ata 40 anos (esto díxoo de verdade), e así todos e cada un dos veciños de Foz terán tempo suficiente para mercar cadanseu lanchito.
Porque non se me dará ben falar en público, e non terei moita experiencia nestes temas, e non me gustará demasiado o turismo que hai en Foz, e tereille algo de tirria ás clases baixas, pero o que non se pode negar é que eu, como Alcalde, polo meu pobo MATO. ¡MAAAAATO!!!!
P.D: Ánimo señor Alcalde, que así seguramente aguante 40 anos de alcalde!! Que así fijo que nos pode facer o porto que nos prometeu!!!!