Javier Jorge Castiñeira, ese señor que nos recibe no seu despacho martes e xoves con malas palabras e desplantes a moitas das persoas que así o atestiguan, convídanos a todos a asistir á cea que presidirá o señor Feijoó en Cangas de Foz como peche de campaña.
É decir, que non conforme con poñernos o cú na boca e rirse de todos nós alegando que o Concello está arruinado, mentras a súa idea era subirse o soldo nada máis chegar ao cargo, ¿convídanos?...
¿A qué señor alcalde? ¿A qué nos convida vostede? ¡Cónvídenos a falar das ambulancias! ¡Convídenos a falar da súa medida de corte fascista contra os turistas que non alcanzan o luxo que nos pretende contaxiar! ¡Convídenos a comer de restaurante ós que antes íamos ó prado da Rapadoira!
Pode tamén convidarnos a tomar uns viños co seu teniente alcalde, para poder saber o que é un día na vida deste político tan "adicado" ás súas funcións! Pode convidar tamén a vir connosco de viños ás súas concelleiras, máis que nada para que vaian coñecendo Foz polo menos.
Convídenos a pasear en Agosto pola avenida da Mariña (se é que para Agosto conta tela transitable), para degustar os cheiros dos seus novos contenedores.
Convídenos a falar dese Megaporto que agora nos dí que ten un prazo de execución de 40 anos. Convídenos, señor saco de mentiras.
Convídenos a pasear polas parroquias para contemplar os parques infantís cubertos de silvas, e de paso vaiamos contar xuntos as papeleiras que quedan en pé!!
Vaiamos pasear por Marzán, apañar merda polas aceras, e de paso levantemos a farola que segue tirada fronte á gasolineira.
Continuemos o paseo e paremos no asilo, para que vexa vostede as instalacións dunha vez, a ver se así se da conta do necesaria que é unha nova residencia.
Ou mellor non. Teño unha idea moito máis viable e que ós veciños de Foz nos agradará moito máis. Váiase vostede por onde veu. Márchese co seu séquito de monas figurantes (tan ben formadas como vostede dixo na ORT), márchense e deixen de rirse de nós dunha vez, adoptando medidas absurdas que non fan outra cousa que insultar a cada un dos veciños de Foz.
Márchense vostedes, concelleiros de viño e partida, concelleiras de sorrisas en actos públicos, alcalde de prepotencia e malas palabras.
Márchese, ou siga no cargo sabendo o que Foz pensa de vostede. Continúe señor alcalde, agora que xa o coñecen todos.
Faga vostede de tripas corazón cada vez que saia á rúa a partires de agora. Móntese no seu coche e dea un paseo por Foz e parroquias, e asegúrolle que se é vostede un alcalde serio, ó chegar de volta do paseo que lle propoño, chegará coa cara máis colorada que o seu propio coche. Colorada da vergonza que debería sentir.
Pode que non teña dous dedos de frente pero, o que sí está demostrando ter, é, falando en prata, o que se dí un bon par de collóns.
Un par de collóns que a vostede lle sobran para compartir cos seus concelleiros e compañeiros de partido. Un par de collóns que filtran diante dos seus ollos o que de verdade acontece en Foz. Un par de collóns que lle fan perder a vergonza necesaria para seguir facéndose chamar alcalde de Foz.
Señor "alcalde", meta na manga o As que antes sacou, e volva dentro de 39 anos, cando ese proxecto se poida levar a cabo. Cando vostede traia o Megaporto que prometeu, sen prazos de execución, cando volte a Foz desinfectado totalmente dese despotismo e compulsividade cara a mentira, cando sepa tratar ós cidadáns como se merecen, será ben recibido como alcalde de Foz.
Moitas gracias.
Moitas gracias.