jueves, 10 de febrero de 2011

"UNI FOZ" ou "Nadie ha visto nada"

El. A cabeza pensante de Foz, ese home honrado, que nunca a naide engañou, que nunca a naide traicionou e que ningún favor prometeu... Forma un partido!!! UNIFOZ: Unión independiente de Foz.

Jaime espera espera.... ¿INDEPENDIENTE DE QUÉN?
¿Independiente dos que te botaron do PSOE en circunstancias extrañas que nunca quixeches aclarar máis aló de tildar de "chavista" ó goberno local?

Menos mal que aínda che quedan amigos coma min, que facilitarán o contacto do teu partido co pobo focego. Hoxe axudareiche a aclarar malentendidos, para que mañá no Bahía poidas entrar coa cabeza ben alta. (Cando digo cabeza non pretendo ofender)

Comecemos por exclarecer unha serie de sucesos paranormais que comezan a saír á luz, dos cales non falas moito que digamos.

Seica están Ramoncín e Teddy Bautista indignadísimos con Foz, porque durante os anos que estiveche á cabeza (digo cabeza sin ánimo de ofender), de RENTE AO MAR ESE CAMIÑO (2002-2009), non se pagaron os dereitos de autor correspondentes ós espectáculos musicais do San Lourenzo.

¿Qué fixeche ante estas acusacións? Declaraches ante o xuíz que RENTE AO MAR ESE CAMIÑO non mediou nos pagos, nin recibiu, polo tanto, beneficio algún. Para culminar a túa artimaña alegaches textualmente que " Por exemplo, se un posto de feira aportaba 1.000 euros por estar instalado, era esta cantidade a que el mesmo entregaba ao representante do espectáculo".

¡Manda carallo! Eu nunca tal vin Jaime. Así da gusto. Debía ser flipante ver a cola de feirantes diante da orquesta, con 1000 euros cada un na man.

RECREACIÓN DOS FEITOS

Olvidóuseche non obstante ter en conta unhas declaracións que fixeches á prensa nas que falas do ben que levabas as festas, das orquestazas que traías, dos 600.000 euros de beneficio (que sopoño que tamén levarían personalmente os feirantes a donde os tivesen que levar)... É decir. Cando as festas relucían esplendor, tu dabas a cara. Cando a SGAE presiona, escondes a cabeza coma as avestruces e corres as culpas.


JAIME, TU LO HAS DICHO

Así non, Jaime. Así non. Enganando ó pobo UNIFOZ cheira a merda de lonxe.


Cheira, cheira e sigue cheirando, e cando empezábamos a entrever que cheiraba algo mellor...  os focegos, que xa empezabamos a ser "UNIFOCISTAS", descubrimos que hai unha factura de 4.628 euros, do día 28 de novembro de 2008, conformada por tí como Concelleiro de Cultura.

Dita factura fai referencia ó pago dunha caseta para socorrismo, vixiancia e servicios, para a praia das "POLAS", en Nois.

Encheríanos de orgullo dita obra non sendo polo pequeno detalle de que esta caseta nunca se chegou a construir, e moito menos se chegou a instalar na citada praia. Esperamos que nos expliques con qué finalidade expendeu a carpintería X dita factura, e se por algún suposto eses case 5000 euros se chegaron a branquear, só por se acaso, nos expliques o que pasou mañá no Bahía.

Jaime... UNIFOZ non funciona tío... Un partido encabezado (sen ánimo de ofender), por unha persoa que claramente enganou a todo Foz, e seguido por un séquito de pluralidades focegas que van dende media plantilla de integrantes de "A Subela", ata un ex-integrante da comitiva focega do fracasado UPyD, e un trobador do TOUPORROUTOU, deses que todos os anos polo entroido che chaman cabezón e te poñen verde... Non convence. Na miña terra en vez de UNIFOZ chamaríanlle.... non sei.... ¿COCHE ESCOBA?, ¿ALIANZA DOS FRACASADOS?...algo así.


¡¡Pero vaia invitación nos manda Jaime para ir mañá ó Bahia!! A tarxeta, moi mona ela, reza en primeiro plano..
SERIEDADE,CONFIANZA, SEN ATADURAS. Non había mellor slogan.

 ATADURAS, visto o visto, nunca as tuveches.
SERIEDADE... moita tampouco, que llo pregunten a algunha das da casa da Cultura, que todo se sabe.
CONFIANZA.. Ese foi o problema Jaime. Que che deron moita CONFIANZA, poucas ATADURAS, e eso perxudicou ó PSOE de Foz, sendo Rivera o que foi tildado de falto de SERIEDADE.

Pon tamén que remataremos o acto cun viño galego. ¿Viño?
Deso nada Jaime!! Whisky, pero do bravo, do que cheira coma o teu partido.
Con Whisky pode que poidas convencer a algún focego de que eres o JESUCRISTO que pretendes demostrar, ainda levando pegadas na frente as probas que te descubren como que eres.

Hoxe sobran as posdatas, simplemente resignarnos, e esperar a ver cantas veces máis nos enganou este pobre infeliz.