lunes, 27 de junio de 2011

ALGO CERRADIÑO SI QUE DEBE SER ESTE CASTIÑEIRA

Tarde, pero a tempo. Así volve Esquerda en Foz. Estivemos calados durante este último mes, para que o noso alcalde puidera acomodarse sen ningún tipo de crítica nin obstáculo pola nosa parte.

Pero claro, agora que xa ten as cachas ben asentadiñas no sillón, podemos comezar unha nova época, para non defraudar a eses xa centos de visitantes habituais deste saco de verdades.

Chegou Castiñeira, e antes incluso de aprender a subir as escaleiras para chegar ó seu despacho, xa pideu dedicacións para os seus concellais. Supoñemos que eso confirma o que decía na súa campaña.... que o Concello estaba arruinado, que non había mais que débedas... Como decía Manquiña... "En mi casa no había para comer, pero yo las putas siempre las pagaba porque soy un caballero".

A Castiñeira déronlle dúas opcións para deixar ben claro de que partido é este novo alcalde. A primeira opción era tatuarse na frente o logo do PP. A segunda, era meter a zoca nada máis chegar, pedindo dedicacións, facendo mostra dos seus "plans de austeridade". Quedounos suficientemente claro que o noso alcalde optou pola opción mais descarada.

Pero claro, Castiñeira é a ambición pura, non se conforma con calquer cousa. Javier Jorge quere un Foz de élite, con turismo de Jet Set, asique como segunda  medida...

         ¡¡NOS CAMPOS DA RAPADOIRA A PARTIR DE AGORA NON PISA NIN DIOS!!

Acabáronse as merendas, acabouse tomar o Sol no campo, acabouse pasear pola herba!!! E pobre do que non faiga caso, porque logo se plantan alí os Municipales, encabezados polo señor Prepotencia Prieto, ó cal non lle costa nadita volver chamar reforzos para joder al prójimo, como fixo non fai moito no Bispo Santo.

 Manda carallo. Temos un alcalde que parece que non é de Foz, porque penso que non hai unha sola persona en todo Foz que non fora comer un domingo coa familia á praia.

Coño, Casti... sale da casa, que desde Samil a Sanxenxo, a xente fai merendas ó redor da praia!!!

Eu non sei, pero en vez de progresar, contigo penso que Foz vai trando hacia o "carolo". Pero claro, que se lle vai facer, se temos de alcalde a unha persoa que nunca foi comer en verán á praia da Rapadoira....

Ainda que non todo son malas decisións. Castiñeira pedirá dedicacións, e incluso pode que chegue a escorrentar a patadas ós que se lles ocurra poñer un pelo na herba da Rapadoira pero...

        ¡¡¡ANTE LA CRISIS, SI NO TIENES YATE, AQUÍ ESTÁ CASTI PARA AYUDARTE!!!

Este sería o slogan perfecto para a construcción do Megaporto. Explícome:

pensando, o alcalde chegou á conclusión:

 -Coño!! Pois se os meus veciños non se poden permitir ir comer de restaurante, e teñen que ir okupar o campo da Rapadoira... Malamente van poder comprar un yate para disfrutar das instalacións do Megaporto 
que lles tiña pensado facer.

Non hai problema ningún!!! Vou anunciar inmediatamente que o proxecto é a longo prazo, ata 40 anos (esto díxoo de verdade), e así todos e cada un dos veciños de Foz terán tempo suficiente para mercar cadanseu lanchito.

Porque non se me dará ben falar en público, e non terei moita experiencia nestes temas, e non me gustará demasiado o turismo que hai en Foz, e tereille algo de tirria ás clases baixas, pero o que non se pode negar é que eu, como Alcalde, polo meu pobo MATO. ¡MAAAAATO!!!!

P.D: Ánimo señor Alcalde, que así seguramente aguante 40 anos de alcalde!! Que así fijo que nos pode facer o porto que nos prometeu!!!!