sábado, 2 de abril de 2011

UN COELLO UNHA ILUSIÓN

A campaña "UN JUGUETE UNA ILUSIÓN" promovida anualmente por RNE, foi a que me inspirou este título.

"Mercando un boli, polo simbólico prezo de 5 euros, podemos FACER POSIBLE que moitos nenos no mundo vivan en mellores condicións".

Tras oir este eslogan, Xaime Cancio e o seu séquito de lambedores de cús deberon quedar prendados, porque UNI-FOZ está a desenvolver a campaña..... "UN COELLO UNHA ILUSIÓN". 



Esta campaña foi levada a cabo pola zona de Vilaxoane, cando un dos "Lambecús" oficiais deste humilde político, visitou os fogares de 20 veciños da parroquia, para facerlles entrega de tan saboroso animal. 


-Non, mira, que matei 20 coellos, e estoullos regalando ós veciños que mais aprecio lles teño.

-Pero como? Eu non cho quero home, gardao para tí.

-Non, eu solo che pido a cambio que vaias á Sala Bahía ver a Cancio, sin compromiso ningún. E que verás...
Temos que levar cada un de nós 20 personas, e eu xa non sei como facer.


Esto, queridos lectores, sucedeu de verdade, creádelo ou non. O señor transparente, o señor sen ataduras, o señor amigo das viaxes, o señor eu nunca nada malo fixen, o señor perro con zapatillas, forza a cada un dos seus lambecús a levar 20 persoas ós actos. Estes vense na obriga de chegar ó punto de regalar coellos a cambio da asistencia a estes actos.

Jaime, ¿cando vas parar? ¿Vas seguir tratándonos de idiotas ou vas forzar a Esquerda en Foz a seguir falando? Así tamén levo eu á Sala Bahía 200 persoas. ¿Que vai ser o próximo?

Ó pobo de Foz impórtalle unha merda que o utilices, a eso xa está afeito. Pero polo menos, sen sincero coño. 

Pensando no tema dos coellos, vénseme á cabeza o por todos idolatrado Hugh Hefner, fundador da mansión PLAYBOY. Expulsárono da marina estadounidense, é un ligón empedernido, amasa pasta de dudosa procedencia, rebosa prepotencia, e non lle dá explicacións a naide.

JAIME COAS SÚAS CHURRIS


Jaime.. ¿sodes primos ou algo? Digo... dádesvos un aire e tal... aunque bueno, el é mais de rubias...

MOITAS GRACIAS.


P.D: Cstiñeira sigue así, que tes a Foz contentísimo. Bueno, a Xica non está moi conforme pero...