lunes, 11 de julio de 2011

"CASTI, QUE NOS COMEN AS SILVAS" ou "¿NON SABE VOSTEDE LEER?"

Ante as peticións de que lle dera tempo a Castiñeira para que se asentara no cargo... volvín calar outras dúas semaniñas. Pero definitivamente, o chaval.... en fin.

Javieriño joder, que nos comen as silvas!!!! Dalle pa diante ó MEGAPORTO, porque a este paso a única forma que vamos ter de salir de Foz vai ser por mar.

Este fin de semana ven de inaugurar o céspede artificial do campo de Malates. Hai rumores de que se puxo a discutir cun dos xogadores do Foz, cando este se dispoñía a pisar o céspede, pero as súas concelleiras conseguiron convencelo de que aquelo non era o campo de Ramos.

Pero vamos ó que vamos. Arealonga, Castro de Fazouro, parroquias, inmediacións do campo de Malates, paseos marítimos, áreas recreativas en xeral, sobre todo as das parroquias, cunetas das estradas xerais e un longo etc.

Se non eres capaz de segar a herba macho, déitate a durmir. Non sei... podes poñer de alcalde un mono, por exemplo. E de concelleiras unhas ovellas, e así polo menos poñíalas a pacer polas parroquias, e xa teríamos mais atención nas parroquias das que temos ata agora. OU AINDA NON TE ASENTACHES NO CARGO?? MIRA QUE TES O CÚ BEN CAPRICHOSO ENTONCES, PORQUE MOITO CHE LEVA ASENTARTE.

Casti, amigo... Déixate de tanto Audi e tanta parafernalia, e vaite familiarizando máis con marcas como STHIL ou HUSQVARNA, porque aquí non se trata de comilonas nin de apretóns de mans. Aquí trátase, entre outras cousas, de que as silvas non acaben coméndoche os veciños, que esto non é Madrid amigo!!

Pero claro, que se lle vai pedir a un alcalde que só recibe ós seus veciños baixo cita previa, e dous días á semana. E non se vos ocurra petarlle á porta se non tedes cita, porque vos vai contestar igual ou peor que lle contestou a unha veciña do noso pobo, cando esta lle preguntou se a podía recibir.

Sinalando para o cartel da súa porta, no que figuraban os días e as horas nas que "don alcalde de ciudad" recibe á xente, contestoulle este á veciña en cuestión....

                                                       ¿NON SABE VOSTEDE LEER?


En fin.... síntome avergonzado de ser unha persoa tan sumamente inculta. Nunca poderei comprender a estes señores de turismo de luxo, malas contestacións e cabezas erguidas.

MOITAS GRACIAS.

P.D: Gustaríame propoñer que a xente que comente (cousa que se agradece), en vez de firmar como anónimo poña un pseudónimo, aunque sexa un número ou calquera burrada, para facilitar os comentarios posteriores, nos que se fai mención a outros anteriores. Senón é moi lioso o tema de o que dixo tal o que dixo cual. Sería moito mellor así, para poder referirse a un comentario en concreto. Gracias