martes, 15 de noviembre de 2011

"CONVIDADOS QUEDAN" ou "LOS HUEVOS DE ORO"

Artigo novo, no que nos vemos obrigados a recortar (igual que Castiñeira e Feijoó), desta vez sen moito humor, xa que a cousa é cada día que pasa, para poñerse máis serios.

Javier Jorge Castiñeira, ese señor que nos recibe no seu despacho martes e xoves con malas palabras e desplantes a moitas das persoas que así o atestiguan, convídanos a todos a asistir á cea que presidirá o señor Feijoó en Cangas de Foz como peche de campaña.

É decir, que non conforme con poñernos o cú na boca e rirse de todos nós alegando que o Concello está arruinado, mentras a súa idea era subirse o soldo nada máis chegar ao cargo, ¿convídanos?...

¿A qué señor alcalde? ¿A qué nos convida vostede? ¡Cónvídenos a falar das ambulancias! ¡Convídenos a falar da súa medida de corte fascista contra os turistas que non alcanzan o luxo que nos pretende contaxiar! ¡Convídenos a comer de restaurante ós que antes íamos ó prado da Rapadoira!

Pode tamén convidarnos a tomar uns viños co seu teniente alcalde, para poder saber o que é un día na vida deste político tan "adicado" ás súas funcións! Pode convidar tamén a vir connosco de viños ás súas concelleiras, máis que nada para que vaian coñecendo Foz polo menos.

Convídenos a pasear en Agosto pola avenida da Mariña (se é que para Agosto conta tela transitable), para degustar os cheiros dos seus novos contenedores.

Convídenos a falar dese Megaporto que agora nos dí que ten un prazo de execución de 40 anos. Convídenos, señor saco de mentiras. 

Convídenos a pasear polas parroquias para contemplar os parques infantís cubertos de silvas, e de paso vaiamos contar xuntos as papeleiras que quedan en pé!!

Vaiamos pasear por Marzán, apañar merda polas aceras, e de paso levantemos a farola que segue tirada fronte á gasolineira.

Continuemos o paseo e paremos no asilo, para que vexa vostede as instalacións dunha vez, a ver se así se da conta do necesaria que é unha nova residencia.

Ou mellor non. Teño unha idea moito máis viable e que ós veciños de Foz nos agradará moito máis. Váiase vostede por onde veu. Márchese co seu séquito de monas figurantes (tan ben formadas como vostede dixo na ORT), márchense e deixen de rirse de nós dunha vez, adoptando medidas absurdas que non fan outra cousa que insultar a cada un dos veciños de Foz.

Márchense vostedes, concelleiros de viño e partida, concelleiras de sorrisas en actos públicos, alcalde de prepotencia e malas palabras.

Márchese, ou siga no cargo sabendo o que Foz pensa de vostede. Continúe señor alcalde, agora que xa o coñecen todos.

Faga vostede de tripas corazón cada vez que saia á rúa a partires de agora. Móntese no seu coche  e dea un paseo por Foz e parroquias, e asegúrolle que se é vostede un alcalde serio, ó chegar de volta do paseo que lle propoño, chegará coa cara máis colorada que o seu propio coche. Colorada da vergonza que debería sentir.

Pode que  non teña dous dedos de frente pero, o que sí está demostrando ter, é, falando en prata, o que se dí un bon par de collóns.




Un par de collóns que a vostede lle sobran para compartir cos seus concelleiros e compañeiros de partido. Un par de collóns que filtran diante dos seus ollos o que de verdade acontece en Foz. Un par de collóns que lle fan perder a vergonza necesaria para seguir facéndose chamar alcalde de Foz.

Señor "alcalde", meta  na manga o As que antes sacou, e volva dentro de 39 anos, cando ese proxecto se poida levar a cabo. Cando vostede traia o Megaporto que prometeu, sen prazos de execución, cando  volte a Foz desinfectado totalmente dese despotismo e compulsividade cara a mentira, cando  sepa tratar ós cidadáns  como se merecen, será ben recibido como alcalde de Foz.


Moitas gracias.










domingo, 13 de noviembre de 2011

"NINGUÉN FARÁ MÁIS POR FOZ" ou "JAVIER JORGE MANOSTIJERAS"

Amigos e amigas... logo deste breve interludio no que Esquerda en Foz se mantivo á marxe da actualidade política de Foz, para favorecer o acomodamento do noso señor alcalde nese famoso período de 100 días, volvemos á carga unha vez máis, desta vez cun novo equipo de goberno municipal.


Nestes primeiros meses de mandato por parte do señor alcalde e a súa comitiva de sorrintes e ben presentadas concelleiras fomos testigos xa do dificil que lles resultou ós nosos novos e inexpertos gobernantes o proceso de acomodamento no cargo, o cal ten a súa explicación:


Que ningúen se queixe agora, porque o noso presente alcalde prometeu, dende un principio, un Foz limpo, un  Foz mellor distribuido, un Foz mellor organizado, un Foz con máis espazos, un Foz para o século XXI. 


E cumpliu. De todos é sabido que o minimalismo é a clave deste século, e neste movemento artístico, foi no cal Castiñeira atopou a inspiración para darnos o Foz que nos merecemos.


UN FOZ MELLOR ORGANIZADO: Cando o señor alcalde tentou a toda costa arrebatarlle ó pobo a súa aula da  natureza, sen máis nin máis. Supoñemos que se lle facía cargante o ambiente.


UN FOZ TRANQUILO: ¿Qué é eso de que anden as ambulancias tocando o carallo todo o día coas sirenas? ¡¡No Foz de Castiñeira as ambulancias non molestarán a ningún veciño!!


UN FOZ PARA AS NOVAS XERACIÓNS: O señor alcalde non consentirá que os campos da Rapadoira esteñan plagados de vellos rumiando empanada nos meses de verán!! Esa zona queda reservada exclusivamente para o botellón!! E para que quede ben claro, os operarios da limpeza procurarán deixar as botellas dun día para outro, para que ningúen ocupe as mesas das novas xeracións do meu pobo!! 


UN FOZ TEMÁTICO E NATURAL: Castiñeira sufre vendo os nenos nos parques infantís. Columpios, tobogáns e balancíns. A mesma trangallada que fai vinte anos. ¡No Foz da innovación ísto non existe! Ordeno deixar medrar a herba nos parques das parroquias, para que os nenos se aventuren a descubrir a fauna e a flora locais, adentrándose nesas frondosas matogueiras que ata fai un mes escaso cubrían ditos parques!!!


UN FOZ LÚDICO, CON POSIBILIDADES DE OCIO: Diso encargaraste tí, meu querido concelleiro. Serás o encargado de percorrer cada día os bares da zona, dende o Dandy ata a Funcional, observando cómo se entretén a xente do pobo. Esa será a túa función no meu grupo de goberno.


UN FOZ BEN FORMADO E CON FUTURO: De todos é sabido que o futuro da xente nova está na Internet. Pechemos a biblioteca!! Menos horas aberta! A tomar por culo los libros! E para joder ainda máis, non vou pedir unha sola subvención! Así aproveito e sigo laiando polos camiños decindo que o concello está arruinado!! Mañá mesmo digo que nos van cortar a luz, ou que nos van comer as pulgas ou calquera trangallada...


Para eles, polo seu afán de recortar compulsivamente




Agora ben, deixándo de lado a sátira, a ironía e o sarcasmo que caracterizan este blog, poñámonos serios un momento para preguntarlle ó señor Castiñeira e ó seu séquito de figurantes canto tempo lles vai levar acomodarse, porque o único que están demostrando polo de agora é que son nulos, ceros á esquerda, auténticos lisiados políticos, pois os 100 días pasaron hai tempo.


Foron eles os que chegaron democráticamente ó poder baixo o lema "NINGUÉN FARÁ MÁIS POR FOZ". Era vostede señor alcalde o que prometía un Foz mellor, máis moderno, e en mellores condicións.
Foi vostede o que non fixo mención en ningún acto de campaña da súa inutilidade como autoridade política, convencéndonos a todos que era unha persoa capaz. 


De todo isto só unha conclusión. O noso novo alcalde ten, coma algúns votos, un adxetivo que o describe:


                                                                  -NULO-