lunes, 30 de enero de 2012

Carta ó Alcalde de Foz

Amigo Alcalde de Foz:


Son un neno dunha parroquia que non podo ir ós columpios porque mido 1.10, e a herba pásame por enriba da cabeza.


Eu sonlle de Fazouro, para que sepa  a onde teñen que vir rozar, e unha veciña miña, créame vostede, apaña a herba para os seus coellos nese parque de tanta que hai. (DATO REAL)


Hoxe, cando viña da escola, o bus no que vou para a casa pasou por unha rúa na que estaban quitando as plantas e botando cemento para poñer unhas aceras. Vostede non vai entender o que eu lle quero dicir porque vostede nunca un pradiño pisou, pero aquí a herba rozámola, non lle botamos cemento por enrriba.


Aproveito tamén para contarlle que miña avoa hai tempo que necesita ir para unha residencia, e vostede non fai moito dixo que non a quería en Foz. ¿Non ten vostede avós velliños señor alcalde?


Xa lle dixen antes que eu sonlle moi novo, e que de nada entendo, pero non me gustou nadiña que este verán viñera un policia de Foz dicirnos que non podíamos comer alí na Rapadoira. !!Ai señor alcalde!!, co que a min me gustaba xogar á pelota con meu avó despois de comer naquel prado...


Tamén me gusta moito leer, pero agora vostede pechoume a biblioteca á hora que ia eu. Intentarei ir polas mañás algunha vez se podo.


Eu se vostede fai o que lle pido prométolle que de maior non vou facer botellón, que despois queda toda a praia sucia, e ten vostede que madrugar para limpar. O outro día fun con papá buscar o pan e estaba todo cheo de botellas. Non beba vostede tampouco, que me dixo unha amiga miña que está nas SinXeito que se emborrachara un pouquiño na cea da Raíña do Entroido jejeje.


O alcalde de antes dábame medo. Era moi alto, e tiña o pelo branco, e era moi serio. Pero fixo o parque que agora vostede no roza, e traía magos e títeres e cousas para os nenos alí á Sala Bahía. E miraba de meus avós. Penso que el sabe máis ca vostede. Eu disto non lle sei nada, xa llo dixen antes pero pídolle por favor que seña vostede coma o alcalde de antes. Non me importa que sexa serio, que non se ría tanto coma agora nin que non trate de ser tan simpático, eu só lle pido que mire un pouquiño máis por nós.


Se lle digo a verdade, a min tamén me gustaría ser alcalde cando sexa maior. Poder mirar dos avós dos meus amigos, ter contenta a xente... Espero que sen tardar moito poida aprender cousas de vostede  para ser un bó alcalde cando medre.


Un bico dun neno de Foz.