martes, 17 de mayo de 2011

"AVANTE", AFILIADOS E SIMPATIZANTES



É tempo de campaña, tempo de venderse a toda costa. Nesta última semana, todos os focegos/as puidemos comprobar ata onde son capaces de chegar os nosos políticos para conseguir o ansiado voto.


Esta semana, todos recibimos nas nosas casas cartas, voceiros, escritos, etc.


O primeiro foi Castiñeira, insultándonos a todos nada máis comezar a carta, dirixíndose a nós textualmente como "AFILIADOS E SIMPATIZANTES".


Castiñeira... as cartas que empezan por  querido simpatizante, mándallas a Saá, mándallas a Feijoó, e mándallas a todos os que  financian esa SUPERcampaña con ese SUPERrproxecto de SUPERporto co que demostraches no debate que eres un SUPERincompetente.


Pero a min, e a todos os focegos e focegas que me fixeron chegar este rogo, non nos insultes, e antes  de tratarnos de SIMPATIZANTES, date un paseo polas parroquias que tanto defendes, porque non se che ve pelo, ainda que paradoxicamente, de pelo, vaias sobrado.




Recibimos tamén a cuarta edición do "VOCEIRO AVANTE", do BNG.
Xa foi casualidade que este cuarto volume se editase unha semana antes das eleccións, pero entre a casualidade e a risa, quédome coa segunda.


Quédome coa risa porque, é o señor Basanta o que neste voceiro fai mostra da súa falta de dignidade política, cando se atreve a  mencionar o mal estado das parroquias.


Señor Basanta: Vostede e o seu partido son, ó igual que o candidato Castiñeira, dous insistentes visitantes e apoloxistas das nosas parroquias. Si, si!! Non estou utilizando para nada a ironía.


O BNG sempre se interesou polo bó funcionamento das parroquias. Dou fé.


¿¿OU XA NON RECORDAMOS CANDO, NA PARROQUIA DE FAZOURO, DONA MARÍA JOSÉ ALONSO E DON MIGUEL, ALIAS REYCO CARRETABAN ÓS VELLIÑOS CARA AS FURNAS, CON CADANSEU SOBRE DEBAIXO DO BRAZO??


Resulta noxento, que sexa este partido o que mais nos fale de democracia, de transparencia e de humiladade, pero tranquilos, que as verdades acaban sabéndose.


Moitas gracias.




PD: Basanta, espero que con este artigo non te me enfades, xa que non resultaría agradable volver recibir ameazas dende o FACEBOOK do teu partido, como xa recibira fai tempo. Supoño que agora que alardeades de sentido común e de humildade xa non vos dedicaredes a iso. Moitas gracias.

sábado, 14 de mayo de 2011

PULP FICTION

Amigos, amigas, os rumores son certos. Xa non escribo, xa non hai caña para naide...  Esquerda en Foz abandona.

 Si, abandono. Abandono o de escribir por unha tempada.....

               
 ¡¡PARA ALEGRARVOS CADA SEMANA CUN MINIVIDEO!!!


Esquerda en Foz empezaba xa a pecar de monótona, asique, comezamos a traballar en formato vídeo!!

Inauguramos esta improvisada sala de proxeccións con esta primeiraentrega de curtísima duración, e por cuya calidad pido desculpas de antemán. Espero mellorar o presente na próxima entrega. Moitas gracias.

PD: Agredécese algún comentario, mais que nada para saber que esas case 6000 visitas que nos amparan están vivas e queren que Esquerda en Foz siga dando caña.