martes, 17 de mayo de 2011
"AVANTE", AFILIADOS E SIMPATIZANTES
É tempo de campaña, tempo de venderse a toda costa. Nesta última semana, todos os focegos/as puidemos comprobar ata onde son capaces de chegar os nosos políticos para conseguir o ansiado voto.
Esta semana, todos recibimos nas nosas casas cartas, voceiros, escritos, etc.
O primeiro foi Castiñeira, insultándonos a todos nada máis comezar a carta, dirixíndose a nós textualmente como "AFILIADOS E SIMPATIZANTES".
Castiñeira... as cartas que empezan por querido simpatizante, mándallas a Saá, mándallas a Feijoó, e mándallas a todos os que financian esa SUPERcampaña con ese SUPERrproxecto de SUPERporto co que demostraches no debate que eres un SUPERincompetente.
Pero a min, e a todos os focegos e focegas que me fixeron chegar este rogo, non nos insultes, e antes de tratarnos de SIMPATIZANTES, date un paseo polas parroquias que tanto defendes, porque non se che ve pelo, ainda que paradoxicamente, de pelo, vaias sobrado.
Recibimos tamén a cuarta edición do "VOCEIRO AVANTE", do BNG.
Xa foi casualidade que este cuarto volume se editase unha semana antes das eleccións, pero entre a casualidade e a risa, quédome coa segunda.
Quédome coa risa porque, é o señor Basanta o que neste voceiro fai mostra da súa falta de dignidade política, cando se atreve a mencionar o mal estado das parroquias.
Señor Basanta: Vostede e o seu partido son, ó igual que o candidato Castiñeira, dous insistentes visitantes e apoloxistas das nosas parroquias. Si, si!! Non estou utilizando para nada a ironía.
O BNG sempre se interesou polo bó funcionamento das parroquias. Dou fé.
¿¿OU XA NON RECORDAMOS CANDO, NA PARROQUIA DE FAZOURO, DONA MARÍA JOSÉ ALONSO E DON MIGUEL, ALIAS REYCO CARRETABAN ÓS VELLIÑOS CARA AS FURNAS, CON CADANSEU SOBRE DEBAIXO DO BRAZO??
Resulta noxento, que sexa este partido o que mais nos fale de democracia, de transparencia e de humiladade, pero tranquilos, que as verdades acaban sabéndose.
Moitas gracias.
PD: Basanta, espero que con este artigo non te me enfades, xa que non resultaría agradable volver recibir ameazas dende o FACEBOOK do teu partido, como xa recibira fai tempo. Supoño que agora que alardeades de sentido común e de humildade xa non vos dedicaredes a iso. Moitas gracias.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
a min non ma colas
A MIN COLASMAS TODAS, VINDO DE QUEN VEN.
Na miña época, "a Fe" dábase sen til, pero bueno...De todas formas e falando de todo un pouco, creo que para dar unha opinión non fai falta chegar á descalificación e ao insulto personal (por moito pelo que teña un...)
SUPERsaludos dun SUPERsimpatizante
Publicar un comentario