jueves, 10 de febrero de 2011

"UNI FOZ" ou "Nadie ha visto nada"

El. A cabeza pensante de Foz, ese home honrado, que nunca a naide engañou, que nunca a naide traicionou e que ningún favor prometeu... Forma un partido!!! UNIFOZ: Unión independiente de Foz.

Jaime espera espera.... ¿INDEPENDIENTE DE QUÉN?
¿Independiente dos que te botaron do PSOE en circunstancias extrañas que nunca quixeches aclarar máis aló de tildar de "chavista" ó goberno local?

Menos mal que aínda che quedan amigos coma min, que facilitarán o contacto do teu partido co pobo focego. Hoxe axudareiche a aclarar malentendidos, para que mañá no Bahía poidas entrar coa cabeza ben alta. (Cando digo cabeza non pretendo ofender)

Comecemos por exclarecer unha serie de sucesos paranormais que comezan a saír á luz, dos cales non falas moito que digamos.

Seica están Ramoncín e Teddy Bautista indignadísimos con Foz, porque durante os anos que estiveche á cabeza (digo cabeza sin ánimo de ofender), de RENTE AO MAR ESE CAMIÑO (2002-2009), non se pagaron os dereitos de autor correspondentes ós espectáculos musicais do San Lourenzo.

¿Qué fixeche ante estas acusacións? Declaraches ante o xuíz que RENTE AO MAR ESE CAMIÑO non mediou nos pagos, nin recibiu, polo tanto, beneficio algún. Para culminar a túa artimaña alegaches textualmente que " Por exemplo, se un posto de feira aportaba 1.000 euros por estar instalado, era esta cantidade a que el mesmo entregaba ao representante do espectáculo".

¡Manda carallo! Eu nunca tal vin Jaime. Así da gusto. Debía ser flipante ver a cola de feirantes diante da orquesta, con 1000 euros cada un na man.

RECREACIÓN DOS FEITOS

Olvidóuseche non obstante ter en conta unhas declaracións que fixeches á prensa nas que falas do ben que levabas as festas, das orquestazas que traías, dos 600.000 euros de beneficio (que sopoño que tamén levarían personalmente os feirantes a donde os tivesen que levar)... É decir. Cando as festas relucían esplendor, tu dabas a cara. Cando a SGAE presiona, escondes a cabeza coma as avestruces e corres as culpas.


JAIME, TU LO HAS DICHO

Así non, Jaime. Así non. Enganando ó pobo UNIFOZ cheira a merda de lonxe.


Cheira, cheira e sigue cheirando, e cando empezábamos a entrever que cheiraba algo mellor...  os focegos, que xa empezabamos a ser "UNIFOCISTAS", descubrimos que hai unha factura de 4.628 euros, do día 28 de novembro de 2008, conformada por tí como Concelleiro de Cultura.

Dita factura fai referencia ó pago dunha caseta para socorrismo, vixiancia e servicios, para a praia das "POLAS", en Nois.

Encheríanos de orgullo dita obra non sendo polo pequeno detalle de que esta caseta nunca se chegou a construir, e moito menos se chegou a instalar na citada praia. Esperamos que nos expliques con qué finalidade expendeu a carpintería X dita factura, e se por algún suposto eses case 5000 euros se chegaron a branquear, só por se acaso, nos expliques o que pasou mañá no Bahía.

Jaime... UNIFOZ non funciona tío... Un partido encabezado (sen ánimo de ofender), por unha persoa que claramente enganou a todo Foz, e seguido por un séquito de pluralidades focegas que van dende media plantilla de integrantes de "A Subela", ata un ex-integrante da comitiva focega do fracasado UPyD, e un trobador do TOUPORROUTOU, deses que todos os anos polo entroido che chaman cabezón e te poñen verde... Non convence. Na miña terra en vez de UNIFOZ chamaríanlle.... non sei.... ¿COCHE ESCOBA?, ¿ALIANZA DOS FRACASADOS?...algo así.


¡¡Pero vaia invitación nos manda Jaime para ir mañá ó Bahia!! A tarxeta, moi mona ela, reza en primeiro plano..
SERIEDADE,CONFIANZA, SEN ATADURAS. Non había mellor slogan.

 ATADURAS, visto o visto, nunca as tuveches.
SERIEDADE... moita tampouco, que llo pregunten a algunha das da casa da Cultura, que todo se sabe.
CONFIANZA.. Ese foi o problema Jaime. Que che deron moita CONFIANZA, poucas ATADURAS, e eso perxudicou ó PSOE de Foz, sendo Rivera o que foi tildado de falto de SERIEDADE.

Pon tamén que remataremos o acto cun viño galego. ¿Viño?
Deso nada Jaime!! Whisky, pero do bravo, do que cheira coma o teu partido.
Con Whisky pode que poidas convencer a algún focego de que eres o JESUCRISTO que pretendes demostrar, ainda levando pegadas na frente as probas que te descubren como que eres.

Hoxe sobran as posdatas, simplemente resignarnos, e esperar a ver cantas veces máis nos enganou este pobre infeliz.

viernes, 21 de enero de 2011

350.000 PARA ENTENDERNOS

Non contaba escribir tan rápido outro artigo, pero vinme na obriga de facer algo.
No anterior artigo falaba do "galego". Ese novo idioma que nos queren ensinar a falar os señoritos do BNG.

Pois resulta que esta semana estrenáronse os pinganillos no Senado, para que todos os oradores alí presentes se entendan entre sí.

Esto xa resulta chocante así como soa, pero a cousa tórnase de xuzgado de guardia cando nos restregan pola cara que vai supoñer para as arcas públicas un coste de 12.000 euros por sesión. Un total de 350.000 euros por ano.

Esta iniciativa foi apoiada polo BNG. Eses que velan día e noite para que non se despilfarren cartos en burradas, eses que convocan folgas mentras os demáis sindicatos negocian... ¿ESES QUE ANTEPOÑEN O SEU IDIOMA TRANSXÉNICO A TODO O DEMÁIS?

Pero a cousa non queda ahí. Independentistas cataláns, PNV, ESQUERDA UNIDA, e por suposto o PSOE (cuxas siglas presumen socialismo) etc, etc.. completan este circo de pailáns que nos restregan pola cara que mentras familias e familias pasan fame e padecen os efectos da crise,  gastan 350.000 euros anuais en ¿ENTENDERSE?.

Mirar do galego, do vasco, do catalán, do eusquera... SI. Pero chegar ó punto de ter que traducirnos no Senado, rebaixándonos ata o límite de dar a entender que só coñecemos cada un o noso idioma, e tendo que ser traducidos para entendernos... É UN ATENTADO CONTRA A NOSA INTELIXENCIA.

ESPEREMOS QUE ESES PINGANILLOS CHEGUEN A VENDERSE EN GALICIA PORQUE DE SEGUIRMOS ASÍ, CHEGARÁ O MOMENTO QUE O GALEGO SEXA TAN ARTIFICIAL E PUTREFACTO QUE SÓ CONSIGAMOS ENTENDELO COA AXUDA DUN TRADUCTOR.

Somos galegos, e debemos preservar, defender e extender o noso idioma. Penso que é o noso deber.
¿Pero é necesario chegar a tales límites de non poder utilizar o castelán cando o precisemos, e así contribuir a aforrar 350.000 euros por ano? ¿É necesario chegar a tales límites? 

¿ATA CANDO IMOS PERMITIR OS GALEGOS QUE ESTES IDIOTAS SIGAN EXTENDENDO A NOSA FAMA DE IGNORANTES, NEGÁNDOSE A FALAR UN IDIOMA COMÚN CO RESTO DE ESPAÑA CANDO SEÑA NECESARIO, PRESCINDINDO ASÍ DE TRADUCTORES? 

¿350.000 Euros para os parados que pasan fame? ¿350.000 para aqueles que ven truncado o futuro dos seus fillos? ¿350.000 euros para os estudantes sen recursos? ¿350.000 para os xubilados sen apenas pensión?

NON. 350.000 PARA ENTENDERNOS.