"Algo se muere en el alma, cuando un amigo se va".
Paradoxas da vida que tras 16 anos de alcaldía e moitos máis de vida política o benquerido por moitos e repudiado por outros tantos Pepe Rivera abandone a política.
Márchase en tempos difíciles, deixando os mandos da nave "Oposición" en mans inexpertas das cales moitos osman xa unha unión co resentido ex-socialista Xaime Cancio.
Mentras tanto, Castiñeira continúa cunha man nos collóns, un dedo da outra no nariz, a mirada fixa nos xardíns de Foz adornados para a excitante visita do tan aclamado e beneficioso para a Mariña, o señor Feijoó, ó cal Foz tanto aclama.
Tanto o aclama, que nin os novos tripulantes da nave PSOE foron capaces de dar un paso máis alá das súas panocadas de Facebook e Twitter, dos seus "Feijoó mentiroso", "Feijoó al paredón". Efectiva oposición a que temos en Foz.
Feijoó entregaba bandeiras, o Feitizo bailaba para el, Castiñeira dicía algo de pose pose pose... e mentras tanto, onde estaba a oposición?
Twiteando, adobando a vichisoisse de verborrea que xa cheira a caducado e "defendendo" o seu Foz dende as redes sociais.
O movemento 15M, do cal tantas fotos e lemas etiquetan nos seus Facebooks parece quedar na casa cando se trata de manifestarse, de facerse ver e escoitar, e de convocar unha triste manifestación, acción que, sentíndoo moito lles queda cada vez máis lonxe.
O puño erguido que acompañaba a entonación da 2ª Internacional parece retorcerse entre infernais dores artríticas propias da vellez. A rosa que nalgunha época irradiaba un emotivo esplendor podrece estrangulada polo puño tremebundo que a sostén. O retrato de Pablo Iglesias rela o seu papel, mollado por unha bágoa que lle percorre a cara, indo a secar na súa barba.
Bágoa que seca de pena vendo como a demagoxia duns poucos vence fronte ó honor político de moitos outros, nunha guerra na que as únicas baixas serán os indecisos votantes que mantiñan, pendurando dun fío, a confianza no socialismo focego.
O tantas veces aquí desprestixiado líder de UNIFoz, parece ser a acción práctica, alter ego da verbal teoría do PSOE, facendo a ÚNICA labor decente, dende fai 2 anos, no goberno do noso Concello, independentemente do seu pasado, e PÉSELLE A QUEN LLE PESE.
PD: A partires deste artigo as visitas a ESQUERDA EN FOZ descenderán considerablemente. É lóxico.
Moitas gracias.