lunes, 19 de marzo de 2012

PORCOS CELTAS NO CONCELLO

Hola amigos. 

En primeiro lugar, queremos desmentir eses rumores que circulan polo Facebook. 

ESQUERDA EN FOZ NON SE ACABOU.

Simplemente seguimos convencidos de que o noso "alcalde" non se merece unha crítica por cada palabra que diga, por moitas perlas que solte por esa boquiña.

Preferimos deixalo ó seu aire. A carne de porco sabe mellor se este vive no campo, e non pechadiño na corte, e con esta iniciativa de non atacar a Casti tan a menudo, conseguiremos que fose, se en vez de porcino persoa.... UN PORCO CELTA EN TODA REGLA. (A estas alturas da lectura, imaxinamos que o noso alcalde xa estará pingando o moco no regazo do señor Saá). 


Reunión do equipo de goberno do PP en Foz.


Pero cando un xa non pode máis... cando a xente che pide que fales disto e do outro... cando comezas a ver que se está rindo na cara de todo Foz... comezas a mosquearte.

Mentras este respetable alcalde, que ainda non contando coa maioría absoluta fai e desfai canto lle ven en gana, importándolle tres carallos o que opinen os demais... o paro continúa a medrar en Foz.

E mentras o paro medra en Foz, este señor contrata unha empresa de xardinería (totalmente allea a Foz), cun custo que Castiñeira ve aceptable para os tempos que corren, pero que alcanza os catro ceros por ano.  

Mentras durante o pouco tempo que gobernou Castiñeira durante o ano pasado, o Concello recibiu 3 millóns de euros, os cales solo él sabe onde van, porque non deu unha soa explicación...

Mentras tanto, señor alcalde... ¿Como vai a bolsa de emprego de Foz? ¿Que proxectos se están levando a cabo? 


NINGÚN



Porque vostede ten o seu "traballo", o seu Audi e a súa vida resolta. As súas concelleiras, sobre todo a de cultura (que nas exposicións de arte do CENIMA actúa coa mesma ignorancia dun neno que observa "O gran masturbador" de Dalí, e nos seus discursos se explica con menos soltura que Harpo Marx),  tamén teñen os seus traballiños na Farmacia e nos seguros, e non pisan moito o Cadena Cien.

Porque prefiren ter bonitos xardíns coidados por empresas de fóra, en vez de crear postos de traballo para os seus veciños. 

Porque ainda dispoñendo dunha partida de 20 mil euros para as persoas necesitadas, esta panda de sinverguenzas non moven un dedo polos que menos teñen, porque os seus papás lles fixeron crer dende pequeniños que eran demasiado "exclusivos" para ter que axudarlle a ninguén.

Porque á nosa concelleira de cultura Van Gogh sóalle a grupo de Pop, e do único arte que parece entender é do das pasarelas, o cal a habilita para dependenta de Zara, pero non para representarnos culturalmente.

Porque coa súa prepotencia e os seus oídos xordos non van amañar nada en Foz, señor alcalde. Fáganos un favor a todos e, unha vez por semana, pase polo seu recién construido MEXACANS para soltar alí a merda que vostede e os seus nos queren meter a nós polas orellas.

En definitiva, porque cos seus bolsos de Tous, os seus Audis e o seu tesón, o único que vai medrar en Foz vai ser Saá, O Catalán e Primera Calidad, pero ide asumindo, veciños e veciñas, que se a cousa dependera só desta panda de políticos de medio pelo comeríamos, igual que os porcos celtas....



AS MONDAS DAS PATACAS








No hay comentarios: