martes, 14 de febrero de 2012

UN ALCALDE DE VERGONZA, CON V DE VENDETTA

Moi mal ten que estar a situación nesta humilde vila mariñeira para que os mesmísimos ANONYMOUS, se acorden de nós.

Para quen non o sepa, a máscara que utilizan estes ANONYMOUS, non é outra que a de Guy Fawkes, o cal a principios do Século XVII intentou dinamitar o Parlamento inglés, inspirando posteriormente a novela gráfica V DE VENDETTA.

Fotograma da película V de Vendetta



Que satisfacción a de ver como a cara do noso alcalde, por unhas horas, se vía tornada na de Guy Fawkes.

Resulta paradóxico que este alcalde que fai apenas un ano se vendía como a salvación de Foz, se vira tornado agora no alter ego deste histórico salvador.

Este alcalde que nega as intervencións nos plenos cando lle dá a gana. Este alcalde que nos recibe soamente dous días á semana. Este alcalde que constrúe "mexacans" en vez de vestir de abrigo ós seus empregados...

  
ESTE ALCALDE DE VERGONZA, CON V DE VENDETTA


Este alcalde que enganou a todo Foz. O que ía crear brigadas para manter limpas e coidadas as parroquias.
O que dá malas contestacións e pon malas caras alí a onde vai. O que nega o evidente, tratando de ignorante a todo aquel que se atreve a cuestionalo. O que contrata unha empresa de xardinería para ter as rotondas e xardíns de Foz impecables (cando non os tapa con cemento e baldosas), mentras nos mete polo cú a estaca de que o Concello está arruinado.

Este alcalde que fala de "asalto á democracia" referíndose ó ataque dos ANOYMOUS. Amigo alcalde, aquí o único ataque á democracia é a figura política do Partido Popular, tanto en Foz coma en toda España.

Cando vostede actúe dignamente, como representante noso que é, posiblemente deixe de recibir estes "ataques".

Imaxinamos que Esquerda en Foz tamén será para vostede un ataque á democracia, sen embargo parece  non recordar cando, fai algo menos dun ano, escribía vostede no seu blog www.javierjorgecastineira.blogspot.com.

Este, daquela futuro alcalde tamén decía barbaridades!!! Tamén se metía coa xente, e tamén se queimaba bastante atacando sempre ó mesmo.

Parece que xa non se acorda do seu pasado fora do Concello, pero para iso está Esquerda en Foz, para recordarllo a vostede, e a todos aqueles que cada semana visitan este humilde blog.

Recordará así señor alcalde, a próxima vez que fale nun xornal, non mencionar eses blogs que "están ó límite do respeto, e critican a súa forma de gobernar", pois xunto co enlace a Esquerda en Foz, debería vostede adxuntar tamén o do seu antigo blog, pois nin un nin outro son trigo limpo.

Moitas gracias.




                                            





No hay comentarios: