Isto mesmo debeu pensar o alcalde de Foz cando decidiu fundir en sabe Dios qué a partida de 5.000 euros que o anterior alcalde reservara para o vestuario dos empregados do Concello.
Os municipales pasan frío e teñen os uniformes desfeitos. Os que recollen a basura xa dudan de tirarse eles tamén nos contenedores, as horas extras fai xa tempo que non se cobran...
O vestuario da Xica tamén sufre a racanería de Castiñeira |
Eso sí, os xardíns de Foz da gusto velos. Temos pensamientos e pedriñas bonitas por todos os lados, mentras os parques das parroquias seguen cubertos pola herba semana tras semana. Vergonza é o que lle falta a esta panda de "políticos" de ciudad.
Mentras os responsables nin se dignan a pisar unha parroquia, os que deberían dar exemplo parece non importarlles moito tampouco.
A dura oposición do PSOE anda algo mansiña ultimamente. O Cancio que tanto miraba polo seu Fazouro ven de ser imputado por unha factura da que EsquerdaEnFoz falara fai moito tempo. E Basanta... Basanta é este señor do BNG que fala menos que Harpo Marx.
O concelleiro de caña e pitillo Pavón, con base no Dandy e ruta de acción dende o Happy ata a Funcional, parece contento. "OS BARES ESTÁN BEN, O MECHERO TEN GAS,AINDA QUEDA TABACO... A FUNCIÓN DE PAVÓN ESTÁ CUMPRIDA".
Unha das concelleiras semella non poder intervir no conflito entre o Alcalde e os empregados municipais. Neste tema declarou que se non é roupa de marca ela non pensa tocarlle a nada, e a outra... !!A outra si!! A outra cumpriu, cumpre e cumprirá coa súa función dende o primeiro día de goberno amigos!! Cando o alcalde reciba no seu despacho ós empregados do Concello... levará a cabo o duro traballo de recibir con dous bicos e un sorriso a cada un dos empregados!!!
E así estamos en Foz, pero achégase a festa, achégase o cambio. Ven ahí o entroido, e todos olvidaremos por uns días a ignorancia dos nosos gobernantes.Todo cambiará. Castiñeira e Colás cambiarán a sala de plenos pola carroza, os municipales poderán ir disfrazados de esquimales para non pasar frío...
Cancio se non vai preso xa mercou a careta de Urdangarín. Síntese identificado co personaxe seica...
Dende a xoguetería BAHIA confírmannos que dende o PSOE xa reservaron catro unidades do disfraz de Hello Kitty. Caras felices, pouco argumento, suavidade (na oposición)...
Pavón... Pavón terá que ir ó Dallas porque o desfile non lle pasa por diante do Dandy...
Mentras tanto, nas parroquias xa mercaron os disfraces de Indiana Jones para adentrarse nas Xungla-parques infantís, e nas frondosas cunetas, e en Foz capital moitos optaron xa polo traxe de zancudo,para esquivar as merdas dos cans a pesar do costoso traballo de Castiñeira coa súa fabulosa e resultante campaña "QUERO FOZ, COIDO FOZ", que trataremos no próximo artigo.

Moitas gracias.
2 comentarios:
son todos iguais e ninguen se molestará en axudar o pobo! aqui cada un e de encher o bolsiño como en toda españa hai xente na carcel por ben menos
A verdade, que dame noxo perder un segundo falando destes politicos de pacotilla.
Publicar un comentario