-Si, mire.. quería 100 gramos de galego.
- ¿E cómo o quere?¿ Normativo, reintegracionista, dialectal, ou de a pé?.
MANDA CARALLO. Que sexamos un pobo e que non nos entendamos entre nós. Agora resulta que non sabemos falar galego!!!
Nas PERRUCARÍAS non podemos fumar, E moito menos CISCAR as CABICHAS no chan.
Se viaxas a MOSCOVA, non leves un DESAPARAFUSADOR na maleta.
Unha GRUA é unha grulla. Aquí chámase guindastre.
Os xogadores ESCORDAN os XEONLLOS, e os PADIOLEIROS retíranos do estadio.
Poderíamos seguir así todo o día, pero con isto basta e sobra para realizar o seguinte experimento.
INGREDIENTES: Un vello que leve falando galego toda a vida.
PROCEDEMENTO: Despois de que o señor en cuestión lese todas as palabras do experimento.......
¿cantas sabe traducir ó seu galego?
Poucas. ¡Porque non sabemos galego!, ¡Estamos castelanizados!.
Pero tranquilos porque xa están aquí... ¡eles!. OS ÚNICOS, OS INIMITABLES, OS INIGUALABLES, OS SINGULARES.... ELES.
Unha brigada de nacionalistas que xuntos forman a ...MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA!
Xuntos conseguirán convencernos de que non sabemos falar galego, inventando un noxento galego artificial sen pés nin cabeza, coa única finalidade de diferenciarse a toda costa do castelán.
Será entonces cando solo eles sepan falar galego. Os vellos entenderán ainda menos galego que agora.
Compraremos un diccionario novo da RAG cada ano, ata o punto de darnos conta de que o que falamos non é mais que unha fala artificialmente aportuguesada.
Os que antes foron víctimas impoñeran o seu galego artificial nas aulas, ó igual que agora nos impón Feijoó o castelán.
¿IMOS PERMITIR QUE NOS IMPOÑAN ESE NOXENTO GALEGO TRANSXÉNICO?
¿NON RESULTA PARADÓXICO QUE OS MESMOS QUE DEFENDEN O GALEGO SEXAN OS QUE POUCO A POUCO O ESTÁN TRANSFORMANDO?
¿NON VOS DADES CONTA QUE EN VEZ DE UNIR ESTADES SEPARANDO?
Moitas gracias, ou grazas...ou o carallo.





