sábado, 8 de enero de 2011

-XAIME CANCIO, UNHA VIDA DE PELÍCULA-

Bueno. Será polo frío, será pola chuvia, pero a min hoxe, non me apetece escribir. Asique, se me desculpades, vou prescindir da escritura tanto como poida.

Comezarei este artigo cun refrán, como fai o noso amigo Castiñeira:

                             
                                 "UNHA IMAXE VALE MAIS QUE MIL PALABRAS"

Esto é o que deberon pensar Basanta e compañía cando, mentras iban poñendo as famosas pegatinas, se sacaban fotos para subir ó seu Facebook anónimo.

Pero este non é o tema. O tema é que, gustándome o cine, comecei a ver na actitude de Xaime Cancio unha viaxe ó longo da historia do séptimo arte.

Xa o sei, soa a tontería. Soa a que Esquerda se quedou sen ideas. Pero, sen máis dilación.. O ESPECTÁCULO DEBE CONTINUAR!!!!!


Xaime Cancio. Aquel home, amigo dos vellos. Aquel home que os levaba de viaxe. Aquel que facía festas e paseaba os nosos velliños. Aquel... AMIGO DAS VIAXES.





Si señor, un gran AMIGO DAS VIAXES  e tamén un gran loitador. Un home que loitaba por chegar ó sillón.
Unha persoa imbatible, que utilizaría todas as súas armas para coseguir o seu propósito. El era... JOHN RAMBO!!




Pero non foi suficiente. Dixo que fora traicionado. Rexeitado. Humillado. Por membros do seu partido. Todo o mundo se rieu del...e non o soportou. Botou a correr. Convirteuse entón en... FORREST GUMP.





Pero aquel home tamén tiña un lado malo... Din as malas linguas que todo aquel que lle pedía un favor, llo tería que devolver antes ou despois, dunha forma ou outra. Foi entón como o HOME DOS FAVORES, se convertiu en... DON VITO CORLEONE.





Fixose máis malo, arremetendo contra os seus antigos compañeiros de partido. Atacando contra todo o que facía o alcalde. Poñéndoo verde nos periódicos, e captando adeptos para o que sería o seu gran golpe. Chegaría ó sillón polas boas ou polas malas. Era... O GRAN DICTADOR.





Pero fracasou. Foi destituido. Perdeu toda credibilidade, e rematou por abandonar o partido.
A súa historia finou....¿ou non?.

.

Din por Foz que nestes momentos está reclutando extras... tan actores coma el.. para facer unha película digna de Hollywood. Unha comedia impresionante.Con ela conta convencer ó xurado focense para gañar xa non un OSCAR, senón o seu ansiado sillón.

Para iso non descarta rodar ata co mesmísimo PEDRO ALMODÓVAR, e arrebatarlle o papel principal á afamada PENÉLOPE CRUZ.

Temblade, amigos focegos.... porque XAIME CANCIO ameaza con...



FIN. Pido desculpas pola baixa calidade das montaxes pero... Tiraba mais a ansia de subilas que as ganas de montalas.

MOITAS GRAZAS.

No hay comentarios: