lunes, 27 de diciembre de 2010

"RENAULT 5" ou "PEGATINA QUE TE CRIOU"

Recordo que fai uns anos, había en Foz un Renault 5.

Un Renault 5 cargado de pegatinas. Pegatinas grandes, pegatinas pequenas, pegatinas de cores.... nos cristais, nos espellos, nas defensas... Aquel RENAULT 5 marcou dun xeito ou doutro a miña infancia.

Recordo tamén que todos os anos, na escola, se pedía para o DOMUND. Nenos e nenas, armados a base de hucha e pegatinas, pedían para os negriños de África. Outro recordo a miña infancia.

Para para para para!!!! Renault 5... pegatinas.... DOMUND, pegatinas..... !!!la madre!!!

Vamos substituir palabras. 

RENAULT 5. Cambiémolo por FOZ.
 DOMUND. Cambiémolo por BNG.
 NENOS DAS ESCOLAS. Cambiémolo por PEGATINEROS.


Xa está. Xa podemos comezar. Moitos de vós os veríades pola rúa. Eran eles!!! Os fabulosos!! Os inimitables!! Os das fincas "quién sabe donde"!!  Eran os NENOS da escola do BNG de Foz! Non pedían para o DOMUND, pedían para que o Sr. Basanta puidese chegar ó ansiado SILLÓN.

Non pedían cartos. Pero coma os do DOMUND levaban pegatinas. Pegatinas con amor, pegatinas para solucionar os problemas de Foz. Pegatinas grandes, pequenas, de cores, nas farolas, nas aceras, nos pasos de cebra......E NAS MERDAS DOS CANS.

Que xa hai que caer baixo para facer campaña apoiándose nas merdas dos cans... pero eche así. 

Total que Foz pasou de ter farolas oxidadas, árbores partidas, pasos de cebra despintados para ter...

"COUSAS TAPADAS POR PEGATINAS".

VEHÍCULO DE CAMPAÑA DO BNG


Señores nenos das pegatinas. Home... eu non sei.... pero vades tendo unha idade.... e o das pegatinas como que non convence. Foz non é un Renault 5. Foz é un pobo, e non quere pegatinas, quere feitos.


Foz quere que demostredes a vosa valía para chegar á alcaldía. E con pegatinas, non se consegue nada. Como moito estades conseguindo que a xente faga comentarios do tipo "vaia panda de pailáns pegando pegatinas nas merdas dos cans".

Asique non sei. Por exemplo podedes comezar por decir quen é a persoa que leva o tema do Facebook "BNG Foz", mais que nada para sair do anonimato e poderme criticar formalmente.



Cambiando de tema, felicitar (sen ironías), ó señor Castiñeira, por saber levar as críticas, ó igual que tamén as sabe facer. Mostrar tamén as miñas felicitacións polo seu último artigo, xa que apartando toda discrepancia que poidamos ter, paréceme un tema no cal todos nos vemos reflexados, dun xeito ou outro, e agrádame a maneira que ten de tratalo.

Asique igual que Castiñeira, vou finalizar este artigo cunha frase. Esta non é de película, pero cos protagonistas deste artigo ben se facía unha comedia digna dos Hermanos Marx.

"CON LAS MIERDAS DE LOS PERROS HACEN CAMPAÑA. NO TIENEN OTRA COSA, PERO ELLOS SE APAÑAN".




Moitas gracias por esas 2300 visitas (Casti, te voy ganando). E feliz 2011 a todos.

No hay comentarios: