martes, 21 de diciembre de 2010

AQUÍ MORRE ESQUERDA EN FOZ

Descubríronme. Ameazáronme. Miráronme con malas caras. Puxéronme un nome e unha identidade. Derrotáronme. Cazáronme.

ESQUERDA EN FOZ perdeu o seu anonimato grazas a unha panda de FASCISTAS que, no momento en que a merda os salpicou, decidiron silenciarme a base de ameazas, insultos e mensaxes anónimas.

Eses que dende o FACEBOOK me obrigaron a modificar os meus artigos á súa conveniencia, baixo precepto de levarme a xuizo, foron os que conseguiron, este 21 de decembro, que ESQUERDA EN FOZ abandone a súa actividade disparadora de merda que salpica ós que van de "progres" e que, como xa demostrei, non son mais ca un noxento galiñeiro de buitres.

Este sería o discurso que moitos "GALIZA BOYS" están esperando. Pero non.

Sei de sobra que mais da metade dos lectores xa coñecen a miña identidade. E para demostrar que teño algo máis de dignidade que os que me ameazaron baixo o anonimato, dende o Facebook do BNG DE FOZ (en maiúsculas, para que o vexades ben), vou seguir dando caña, pois se en 3 meses superei as 2000 visitas, por algo será.



O máis triste de todo esto non foi que o personaxe en cuestión escribise Basanta con V.
O mais triste foi que as ameazas chegaron xusto 3 meses despois de que eu mencionara o asunto en cuestión.

Isto levoume a sospeitar, meténdome de cabeza no papel de Guillermo de Baskerville en "El nombre de la rosa", e así, faltándome soamente a barba para ser Sean Connery, comecei a indagar.

¿Non sería que xusto ese día, certo personaxe me houbera descuberto escribindo neste blog? Porque foi moita casualidade, tendo en conta que o citado BUITRE tamén pertence ó galiñeiro antes mencionado.

Agardo con estas declaracións, que o Señor Buitre, que imaxino que xa se sentirá máis que aludido, teña a educación xa non para disculparse, senón para recoñecelo, dado que nos une algo máis que unha lixeira amizade.

MOITAS GRAZAS


No hay comentarios: