viernes, 17 de diciembre de 2010

"POÑAMOS AS COUSAS NO SEU SITIO" OU "LEÑA Ó MONO QUE É DE GOMA"





Todos somos de Foz, pobo mariñeiro, e todos sabemos que todo temporal acaba amainando.
Pois amainou, vaia se amainou.


Parece mentira que despois de que a facción nacionalista do pobo focense movilizara ceo e terra para denunciarme por "supostas" difamacións, non esteña xa detido ou  secuestrado o meu blog.


Porque manda carallo que, despois de que ESQUERDA EN FOZ fose tildada de difamatoria e falsa, simplemente pos escribir baixo anonimato, veñan estes BUITRES, ANIMAIS DE CARROÑA, HIENAS FAMENTAS DE POLÉMICA, CANS DE PRESA CONTRA TODA ACTIVIDADE DEMOCRÁTICA NA SÚA CONTRA... e veñan con ameazas de levarte a un xuzgado. Como non, baixo o anonimato.


De que ostias vades? Vamos a ver. Aclarádevos. Para marear a perdíz xa tedes a Rivera, pero aquí está medio Foz de testigo.


Se me queredes tildar de cobarde, falámolo. Eu darei o meu nome, e vos daredes o voso. Pero non me fagades oposición, argumentando que falo dende o anonimato, cando eu estou RECIBINDO AMEAZAS dende o voso Facebook de forma totalmente anónima.


Se queredes ir polas malas, iremos polas malas e todo Foz saberá, antes ou despois, a clase de DEMOCRACIA que estades a practicar.


Por certo. O das ameazas xa caeu. E caeu el soíño. Pero como eu, parece que teño algo máis de dignidade ca el, non direi nada. Como el xa o sabe, teño moi claro que a partir de agora me intentará abducir algo menos. Ese é o prezo da dignidade. Para a próxima, valora algo máis a miña intelixencia que, como ves, é maior da que tí pensas. MOITAS GRACIAS.

No hay comentarios: