viernes, 10 de diciembre de 2010

DESCULPAS PARA O BNG DE FOZ.

Amigos, amigas, quero mostrar as miñas máis sinceras desculpas.


Si. Pode que me mostrara demasiado crítico, neste caso, coa agrupación local do BNG de Foz.
Por isto mesmo, mostro diante de todos as miñas mais sinceras desculpas e pido perdón se puiden ofender a alguén.


Así mesmo quero explicar o que sucedeu. Dous meses despois de que Esquerda en Foz mencionase que Basanta vendeu unhas fincas en Marzán, recibín ameazas a través de Facebook, por parte de BNG Foz.


Acusáronme de inxurias, e ameazáronme. Dixéronme que que se non retiraba as "difamacións", me denuciarían, dirixíndose a min cun rotundo, "ÍMOSCHE ENSINAR O QUE É A DEMOCRACIA".


Si, amigos, esta é a súa democracia. Eles poden criticar, e patear todo Foz coma auténticos animais de carroña, pegando absurdas pegatinas hasta nas merdas dos cans, pero cando a democracia os salpica de merda, chegan a ameazar.


Dende aquí diríxome, poñendo en práctica o meu dereito á LIBERDADE DE EXPRESIÓN, ó responsable das ameazas, e recoméndolle que a pegatina de "FOZ NON SE MERECE ISTO", a pode pegar el mesmo na súa fronte, tras a cal se esconde un "cerebro" de ideas reaccionarias, e incluso me atrevería a tildar de fascista.


Neste punto da lectura, os responsables de tal golpe contra a libre expresión, estarán tranquilos, pois isto non resulta creíble. Pero estoume entrenando para o suposto xuizo ó que me desafían, asique para ir quentando, vou aportar probas. Este é un fragmento da miña conversa a través de Facebook con eles.




Este fragmento foi o único que puiden recoller de toda a conversa, pero asegúrovos que se foron capaces disto, o foron de moito máis.


Con isto quero facer que Foz vexa a clase de incompetentes que nos pretenden gobernar. Se cando unha verdade sae á luz, a solucionan con ameazas... Poden cambiar o nome.


Propoño que se chamen simplemente PARTIDO POLA ABOLICIÓN DA LIBERDADE DE EXPRESIÓN.


Por certo, debo recoñecer que me quivoquei... As miñas fontes fallaron, porque as fincas eran en Marzán. As fincas vendéronse en Vilaxoane, e sí, non son difamacións. Moitas grazas.

No hay comentarios: